RGPD - Cookies
Vigo al día

O goberno local reclamará á Deputación 4,5 millóns dos seus investimentos

O concelleiro de Emprego informou este mércores que o goberno local reclamará que se destine á cidade o 30% dos 15 millóns de euros que a Deputación de Pontevedra quere destinar a investimentos e que se inclúen nunha modificación de crédito que ascende a 30 millóns.

En rolda de prensa, o tamén deputado provincial, afirmou que proporá no vindeiro pleno do organismo provincial – no que o Partido Popular ten maioría absoluta –  unha modificación de crédito de 30 millóns de euros nos presupostos deste ano que, en total, ascende a 132 millóns.

O secretario xeral dos socialistas da provincia denunciou que o ano pasado a Deputación deixou  30 millóns sen executar, o cal calificou coma irresponsable dada a actual situación de crise.

O responsable de Emprego subliñou que Vigo reclamará o 30% deses 15 millóns, tendo en conta a súa poboación e asegurou que “se a Deputación e a Xunta invertesen o mesmo que o Concello nun plan de emprego, habería outros 1.700 traballadores menos nas listas do Inem”.

 

También te puede interesar