Vigo al minuto

Mariñeiros da flota cefalopodeira esixen en Vigo que se renegocie o acordo con Mauritania

Representantes do sector cefalopodeiro que faenaba en augas de Mauritania insistiron este martes na necesidade de que se renegocie o acordo pesqueiro con este país, e advertiron de que “a ruptura definitiva do actual pacto sería unha bomba”.

O responsable de CIG-Mar, que xunto cun grupo de mariñeiros, se presentou este martes no Museo do Mar de Vigo, onde se celebra unha xornada sobre Política Pesqueira Común organizada polo CES, esixiu ser recibido polo secretario xeral do Mar, Carlos Domínguez. Finalmente, unha representación dos presentes puido entrevistarse co secretario, ao que trasladaron a súa preocupación por   unha eventual ruptura definitiva do acordo pesqueiro con Mauritania. “O secretario do Mar asegurounos que iso non está confirmado, e que se trata dunha filtración interesada por parte dunha ONG para premer ao Parlamento Europeo”.

O responsable de CIG-Mar lembrou  que os 24 cefalopodeiros galegos afectados levan amarrados dende agosto do ano pasado e subliñou que “a flota galega“foi expulsada do caladoiro a pesar de que xa hai varios informes, entre eles un da FAO, que confirman que non hai un problema de escaseza de capturas ou de sostenibilidade”. Así mesmo, sinalou que, á marxe do acordo económico entre Mauritania e a UE, as empresas deben pagar un canon, o que cualificou de “atrocidade”, e comentou que son esas condicións as que fan inviable esta actividade para moitos armadores.

 

También te puede interesar