Galicia

Máis de 300 Afectados polas Preferentes apoian a Xulio Vicente, este martes nun xuizo de faltas en Tui

Xulio Vicente nun Pleno aos que acudiron os Afectados polas Preferentes durante todo este ano/Tresyuno Comunicación

O voceiro da Plataforma de Afectados polas Preferentes de Baixo Miño esixiu este martes que se leve adiante  algunha investigación sobre un incidente que se produciu hoxe na concentración dos aforradores en Tui para apoiar a Xulio Vicente que estaba citado a declarar nun xuizo de faltas.

Vicente explicou que a Policía Local detivo a un dos afectado de O Salnés cando pediu permiso aos axentes para ir ao baño do xulgado e, ante a negativa destes, “mexou fora polo que foi arrestado”. O voceiro da plataforma indicou que este home ten atrapados miles de euros en subordinadas, cantidade que cobrou coma indemnización por un accidente de tráfico que, ademáis, prodúxolle unha invalidez. Xulio Vicente, que censurou o seu comportamento, acusou á policía de “sobreactuar” e emplear unha violencia desmedida, posto que o aforrador acabou “sangrando pola boca”.

Foi este o único incidente dun acto de apoio no que participaron máis de 300 aforradores das plataformas de Lugo, Santiago, A Estrada, O Salnés, Arousa Norte, Condado, Gondomar e Baixo Miño, ao tempo que Vicente declaraba no xulgado logo da denuncia presentada por un axente do 092 de Tui, en maio, quen asegurou que o voceiro dos afectados polas Preferentes chamouno “gorila”, polo que a Fiscalía pediu a absolución.

 

También te puede interesar