Comarcas

A Deputación acomete melloras en dez estradas do sur da provincia

A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de mellora da capa de rodadura a través da aplicación dun tratamento antideslizante e de reposición de sinalización horizontal existente nas estradas provinciais da zona sur.

Trátase dun proxecto que ten por finalidade reforzar a capacidade de freado e control dos vehículos que se atopan con este problema durante o traxecto. O organismo provincial destina un orzamento de 504.652 € a este proxecto de seguridade viaria cun prazo de execución de referencia de 6 meses.

As actuacións levaranse a cabo nas seguintes estradas: E.P. 0103 N-550 Lago de Castiñeiras, tramos P.K. 0+000a P.K. 5+500; E.P. 0104 Ramal Igrexa de Figueirido, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+670; E.P. 1103 San Benito- Domaio, tramos P.K. 0+000 a P.K. 2+500; E.P. 1205 Acceso Praia de Aguete, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+364; E.P. 1307 Praia Lapamán, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+195; E.P. 1308  Praia Lagos, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+900; E.P. 1309  Praia Beluso, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+500; E.P. 2204  Sabarís-Belesar, tramos P.K. 0+650a P.K. 1+400; E.P. 3302  Tabagón-Rosal-Portocelo, tramos P.K. 0+000a P.K. 1+180; E.P. 4305 Lougares-Piñeiro, tramos P.K. 4+820 a P.K. 8+980

A Deputación ten previsto tamén executar outros dous proxectos similares nas estradas da zona centro e da zona sur, cun investimento total superior ao millón e medio de euros.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.