RGPD - Cookies
Vigo al día

Vigo celebra a Semana do Orgullo LGBT lesbianas gais bisexuais transexuais

Do 25 ó 29 de xuño, Vigo programa actividades con motivo da Semana do Orgullo con actos culturais, festivos, e reivindicativos, uns organizados pola Asociación «Nós Mesmas» e os outros pola Concellería de Igualdade. A primeira actividade do programa será o martes 25 ás 8 da tarde coa inauguración da exposición «Visibilidade e activismo. Obras da Colección Visible de arte LGTB» na Casa das Artes.

O mércores 26 de xuño ás 7 e media da tarde, proxectase o documental «Arte Gay busca casa», na Casa Galega da Cultura, na Praza da Princesa.

O Xoves 27 de xuño, ás 6 , haberá un acto informativo e actividades para xete moza, na Farola de Urzaiz, organizado pola Asociación Nós Mesmas. Ás 7 e media, está programada a conferencia «A crise e os valores » a cargo de Ángeles Álvarez Álvarez, no salón de actos do MARCO.

O venres 28 de xuño, ás 6, conversa con Teresa Moure e Alfredo Saborido sobre «O xénero na construción da sexualidade», na Federación Veciñal. Ás 7 e media, performance «Over de rainbow» e actuación da escola de danza Media Punta con «Breackthru» na rúa do Príncipe. Ás 10 da noite, Orugullo Vigo 2013 con Shangay Lily e Djs: Samantha Calvario e Lano del Rey, na praza da Constitución.

O sábado 29 de xuño, ao mediodía, contacontos «Una parella diferente» na Biblioteca Central. Ás 7 e media, manifestación «Liberdade sen recortes», saída desde a Farola de Úrzaiz, e ás 8 e media, «Festa diversa» na praza da Pedra.

 

También te puede interesar