RGPD - Cookies
Galicia

Feijóo, «son o presidente que máis se preocupa polos Afectados das Preferentes»

O presidente Feijóo defende hoxe, nunha entrevista concedida a ‘El Correo Gallego’ a súa xestión para resolver o problema dos Afectados pola Compra de Preferentes. O xefe do gobernó galego afirma que “non quero medallas, pero son o presidente autonómico que máis se preocupa por este problema”.

Como proba delo, Alberto Núñez Feijóo refírese á vía da arbitraxe aberta en Galicia e ao feito de que “agora dous de cada tres afectados teñen asegurado o cen por cen dos seus aforros, se me desen ese datos cando xurdiu o problema xa o tiña asinado”, indica.

Feijóo subliña que o 1 de agosto “36.000 familias galegas terán recuperado todos os seus cartos: dous de cada tres das que solicitaron a arbitraxe, se fose pola oposición todas elas seguirían neste problema”.

 

También te puede interesar