Comarcas

200 nen@s empezan os campamentos da Deputación na Lanzada

Un total de 200 nenos de toda a provincia participan dende este domingo no primeiro das quendas dos campamentos de verán que organiza a Deputación e que se desenvolverán ata o día 7 de setembro, cun total de 2.000 participantes de entre oito e trece anos.

Precisametne, durante o acto de inauguración, o presidente da ente provincial, Rafael Louzán, invitou os nenos a “gozar da estanza nun ámbito incomparable como é A Lanzada e “no que terán ocasión de divertirse, aprender e adquirir novas experiencias en convivencia con compañeiros de diferentes puntos da provincia”.

Os campamentos que a Deputación de Pontevedra oferta cada ano no Centro de Vacacións A Lanzada resultan degran éxito” e ofrecen aos participantes unha grande variedade de actividades.

 

También te puede interesar