Cultura

‘Pequeruta’ nocturno de O Coto, este sábado polo litoral de Arcade

Asociación Cultural «O Coto», o único grupo da nosa cidade cunha programación estable de rutas de sendeirismo enfocado especialmente a familias e nenos, organiza este sábado, día 22 unha ruta nocturna polo litoral de Arcade.

Está é a última peque-ruta da tempada 2012/2013 e ademais moi especial porque, ademáis de ser nocturna, fará un fermoso percorrido pola desembocadura do río Verdugo, entre Arcade e Pontesampaio. Os camiñantes pasarán pola ponte románica de Pontesampaio que cos seus 144 metros de longo une as parroquias de Arcade e Pontesampaio, testemuña de batallas entre franceses i españois na Guerra da Independencia .

O percorrido  rematará na Illa de Insuiña, tamén chamada de Medal, por ter sido propiedade do pintor Antonio Medal e din que punto de encontro con Castelao, Asorey, Laxeiro, Valle Inclán e Ramón Cabanillas

A hora de  saída será ás 9 e media da noite dende o Colexio Público Carballal (acceso pola Avda. do Aeroporto).

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.