RGPD - Cookies
Vigo al día

O BNG reivindica un servizo ferroviario de cercanías fronte a decisión de Fomento de eliminar paradas

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Ferndez Davila, e as voceiras municpales en  Vigo, Iolanda Veloso, e Redondela, Cecilia Pérez Orge, denunciaron este luns as consecuencias negativas que ten para a comarca de Vigo a redución de paradas nas liñas Vigo-Ourense e Vigo-A Coruña. Ademais, nun acto de protesta que tivo lugar diante da estación de Adif defenderon a posta en marcha dun servizo de proximidade “que permita a comunicación interna do noso país”.

“Desde o Bloque Nacionalista Galego levamos anos reivindicando un servizo ferroviario de cercanías”, salientou Fernández Davila, ao tempo que destacou as súas ventaxes, posto que se trata dun medio de transporte máis san,  máis óptimo e máis seguro, xa que reduce o número de vehículos das estradas. Ao seu xuízo, “defender un tren de cercanías para Galicia en condicións é fundamental”.

A deputada nacionalista criticou que nin desde o goberno central nin desde a Xunta “se dan pasos nesa dirección pese a que hai un convenio asinado”, senón que o Ministerio de Fomento elimina liñas e paradas en media distancia, que segundo apuntou Davila, “actuaba como tren de proximidade”.

“O BNG posiciónase contra a decisión do Ministerio de Fomento de eliminar 14 paradas no ferrocarril ente Vigo e Ourense”, destacou, ao tempo que sinalou que as decisións que toma Fomento “son contrarias as necesidades do noso país”. Neste sentido considerou “totalmente desproporcionadas” as manifestacións de satisfacción da ministra de Fomento.

Por outro lado, Olaia Fernández lembrou as declaracións de Ana Pastor nas que aseguraba que ‘é obxectivo do Ministerio de Fomento optimizar o ferrocarril e poñelo en condicións para a súa liberalización‘. “Isto significa que as súas actuacións están encamiñadas a privatizar o servizo ferroviario”, alertou.

Diante desta situación, a deputada do BNG subliñou que o transporte público non ten que basearse no “criterio económico anual”, senón en función do “servizo á cidadanía” e a calidade dese servizo. “Este goberno, coa súa obsesión privatizadora fai o balance en función do beneficio económico e non no beneficio social”, indicou.

 

También te puede interesar