RGPD - Cookies
Destacados

Beiras, «o Parlamento de Galicia está putrefacto»

O voceiro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento de Galicia asegurou este domingo nunha entrevista a Radio Nacional (RNE), que a cámara galega está “putrefacta”. Na súa opinión, as iniciativas tómanse en San Caetano e a maioría do PP aplícaas coma se fosen chimpancés. E enriba, cada vez que hai unha sesión de control Feijóo diríxese como control da oposición e iso é intolerable. Debería ser inhabilitado de por vida para funcións políticas porque iso si que é unha fraude e unha corrupción».

Xosé Manuel Beiras, salientou que “o PP perverte absolutamente o réxime democrático” e explicou que, cando se dirixe a Feijóo como «narcopresidente», o di porque este «utiliza un narcótico, o máis grande», en referencia ao poder dos medios de comunicación.

O veterano dirixente nacionalista está seguro de que os populares “cren que os cidadáns galegos non entenden, e iso non é así. Onde eles ven un puñazo de violencia, o que me di a xente é que é unha pena que non lle dese nos fuciños. Eu contesto que non o podo facer porque senón bótanme do Parlamento e non lles podo defender», sinalou, en alusión ao enfrontamento co presidente da Xunta hai algunhas semanas.

Beiras rexeitou que haxa información secreta na comisión das caixas e insistiu en que os populares queren «un simulacro«, advertindo de que AGE non está para exercer de «comparsa», razonamento que aplicou ao debato sobre a reforma electoral ratificando o  o seu rexeitamento «rotundo» á redución de deputados.

Tras a súa reelección como voceiro de Anova a pasada fin de semana, Beiras confesa que se mantén en política porque «a xente quere que siga», pero admite que o único que lle achega é «moito cansazo, moitos problemas e moita indignación». «Teño a sensación, ás veces, de que son gilipollas con 77 anos por volver meterme outra vez cunha pseudodemocracia que é unha tiranía oligárquica da plutocracia e duns bonecos mentireiros, mamarrachos, delincuentes moitas veces e que teñen máis jeta que Dios».

 

También te puede interesar