RGPD - Cookies
Cultura

Peque ruta de senderismo de ‘O Coto’ polo río Caselas, este domingo

A Asociación Cultural «O Coto» – que é o único grupo da nosa cidade cunha programación estable de rutas de sendeirismo enfocado especialmente a familias e nenos – propón este domingo, día 16, unha ruta pola Senda fluvial do río Caselas, en Salceda. Nela os camiñantes, ademáis de disfrutar da flora e da fauna característica dos ríos galegos, terán ocasión de coñecer os muiños recentemente restaurados.

Estos son os de Covas, dos Cregos, das Figueiras e o de Marcial,  que conforman o Parque etnográfico dos Muiños do Río Caselas e, ademáis pasar por tres áreas recreativas, Covas, Fondóns e Rubal.

A saída, para aqueles que queiran sumarse á ruta, será este domingo, ás 11 da maña dende o Colexio Público Carballal (acceso pola Avda. do Aeroporto).

 

También te puede interesar