As preferentes e subordinadas de NGB poderán trocarse por accións dende este luns ate o día 28

Novagalicia decidiu reabrir, a partir do vindeiro luns, a súa oficina principal de Moaña para atender a todos os seus 9.000 clientes, entre eles os 200 que terán que acudir ao proceso de canxe de híbridos.

A sucursal permanecía pechada dende o pasado 3 de xaneiro cando Novagalicia tivo que clausurala ante a imposibilidade de garantir a prestación de servizo e a seguridade dos seus clientes e empregados.

O servizo especial de información que Novagalicia puxo en marcha co obxectivo de axilizar e facilitar toda a información dispoñible sobre o canxe de accións aos seus clientes, incorpora pois á oficina de Moaña. A entidade financeira galega puxo a dispor dos seus clientes un dispositivo con máis de 1.000 xestores, e 500 oficinas, un servizo especializado de atención telefónica gratuíto (900 815 827) e unha web, http://recuperación.novagaliciabanco.es/es/, para dar servizo aos titulares de participacións preferentes e obrigacións subordinadas da entidade. Nos dous primeiros días de funcionamento, a entidade recibiu máis de 50.000 consultas de clientes para solicitar información sobre o proceso de canxe e liquidez que se iniciará o vindeiro 17 de xuño.

Novagalicia acelerou a aceptación de solicitudes de arbitraxe para realizar máis de 21.200 novos arbitraxes nos próximos meses. Con esta cifra a entidade resolverá o 65% dos casos de clientes que solicitaron a arbitraxe.

Canxe e liquidez dos híbridos de NCG

Segundo a resolución do canxe e liquidez dos híbridos de NCG Banco aprobada polo Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) e o Fondo de Garantía de Depósitos (FGD), calquera cliente que non recibise unha aceptación de arbitraxe debe cambiar as súas preferentes ou subordinadas por accións de NCG Banco ou, nalgúns casos, por depósitos a prazo do 17 ao 28 de xuño.

Os novos titulares de accións poderán vendelas ao Fondo de Garantía de Depósitos que comprará as accións aos clientes de NCG Banco do 17 de xuño ao 12 de xullo cun desconto do 13,8% sobre o seu valor tralo canxe. Os clientes que opten por vender as súas accións ao Fondo de Garantía de Depósitos deberán acudir a unha oficina de NCG Banco para notificalo. O FGD ten previsto abonar o diñeiro da compra de accións o 19 de xullo.

 

También te puede interesar