¡¡Sí, Arde Lucus!!

A nova edición do ‘Arde Lucus‘, festa de recreación do pasado romano da bimilenaria cidade de  Lugo, que empezou este venres e durará ate o domingo, día 16, contará este ano cunha programación con 192 actividades e espera reunir uns 400.000 participantes. Cun presuposto de 200.000 €, o Concello de Lugo pretende converter a Lugo «na capital do imperio», ao ser esta a única cidade que conserva na súa totalidade a muralla que data de finais do século III e que é Patrimonio da Humanidade.

elblogdenerioazul.blogspot.com

Ademais, este ano incorpóranse á celebración gladiadores de Bergamo, que participaron en series como ‘Roma’ e que en Lugo interactuar co público. Tamén se une á festa a asociación de Terra Queimada, procedente de Soria, que reconstruirá as guerras numantinas. Durante a festa de exaltación romana celebrarase, ademais, un concerto de Riobo e outras cinco ou seis fóra do programa.

Outro das novidades consiste en que, unha vez rematada esta edición, o encontro final das lexións que participen se realizará dende a Porta de San Fernando, onde se lles despedirá ata o próximo ano.

Son nove as asociacións que colaboran na festa, ademais de empresas como Alsa, que rebaixará un 25 % o billete nos desprazamentos que se fagan ata a cidade da Muralla.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.