Galicia

O equipo de goberno de Nigrán sae do concello en coches da Policía, logo de aprobar o Plan Xeral

O alcalde de Nigrán nun Pleno de hai uns meses protexido pola Policía/Tresyuno Comunicación

O alcalde e o equipo de goberno do Concello de Nigrán tiveron que sair do edificio da Casa Consistorial en sendos coches da Policía Local logo da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que saúi adiante cos votos do Partido Popular.

O Pleno extraordinario, convocado para este venres, celebrouse no medio das protestas de máis dun cento de veciños que concentráronse diante do Concello para amosar o seu desacordo co mesmo. O ruido es as protestas dos concentrados inpediron, durante varios momentos da reunión da Corporación, que se escoitasen as intervencións dos concelleiros que quedaron afogadas polos pitidos, asubíos e berros de “Con este PXOM, non, non non!” ao “Así non, con este PXOM!”, que chegaban dende fora, e coas interrupcións de parte do público que sí entrou ao salón de Plenos.

Finalizada a reunión da Corporación, os representantes dos partidos da oposición sairon pola porta principal , polo medio dos veciños que seguían protestando e situándose nas diferentes entradas e saídas do Concello, agardando ao alcalde, Alberto Valverde, e ao seu equipo.

Pasada máis dunha hora, e cando a concentración xa estaba disolta e non quedaban no lugar máis de unha ducia de veciños, cando sairon do edificio dous coches patrulla da Policía Local nos que ían o alcalde e os concelleiros do Partido Popular.

 

También te puede interesar