Galicia

Feijóo, «Corcoesto só poderá saír adiante se cumpre a lei»

O presidente da Xunta repetiu este xoves que a mina de Corcoesto só poderá saír adiante se cumpre todos os requisitos legais, ao tempo que lembrou que o seu Goberno veta o proxecto de feldespatos de Xinzo de Limia “porque non se axusta á lexislación”.

Preguntado por se comparte as boas expectativas que a empresa que proxecta a mina de Corcoesto, Feijóo sinalou que os técnicos da Xunta estudan a proposta e que “eu compartirei a súa decisión”.

Eso sí, reiterou,”mentres que non se pronuncien non hai nada sobre esta cuestión salvo un expediente aberto», para remarcar que o seu Executivo di «si» á explotación mineira, pero avaliará cada proposta e «todas» deberán cumprir as normas. «Se a mina de Corcoesto cumpre todos os requisitos poden ter algunha posibilidade e, se non o fai, non terá ningunha», concluíu.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.