Galicia

Ferrolterra paralizado pola folga deste mércores

Un momento da manifestación, este mediodía

A folga convocada en Ferrolterra por CIG, CC.OO., UGT e USTG transcorre sen incidentes, segundo indicou a Policiía Local e a Delegación do Goberno. A mesma, convocada para esixir solucións ante a crise da zona e a falta de carga de traballo no Naval está tendo, segundo os sindicatos, un “seguimento maioritario”, en especial nos  estaleiros de Navantia, os principais polígonos industriais, comercio e a hostalaría.

As centrais, que calificaron de éxito esta primeira folga comarcal unitaria en Ferrolterra en 30 anos, salientaron a participación dos  traballadores de Navantia e de empresas auxiliares, así como os establecementos comerciais que xa anunciaran o seu apoio á convocatoria. Tamén permaneceron practicamente sen actividade as empresas dos polígonos industriais de Río do Pozo en Narón e Vilar do Colo en Fene.

Durante esta madrugada, máis de 200 persoas participaron en ‘piquetes informativos’ e, pasadas as 7 e media da mañá, concentráronse ante o Concello de Ferrol, en coincidencia coa hora de entrada do persoal da administración local, pero a Casa do Concello permaneceu pechada.

A actividade dos piquetes dirixiuse posteriormente ao hipermercado Alcampo, no polígono da Gándara, que non chegou a abrir as súas portas. As instalacións estiveron vixiadas pola Policía Nacional.

Ao mediodía empezou a manifestación central, que partinda da Praza de O Inferniño chegou á  Praza de Armas, fronte ao Concello de Ferrol. Milleiros de personas, baixo o lema ‘Esixindo solucións’, denunciaron a situación que vive a comarca cunha taxa de paro superior ao 32% – 10 puntos máis que a media galega -, a falta de carga de traballo provocou que no último ano se destruísen ata 2.300 empregos de empresas auxiliares do sector naval e a desaparición, so desde que empezou o ano, de máis de 30 empresas de distintos sectores.

 

También te puede interesar