Comarcas

Adxudicado o Centro de Saúde de Tui

A Consellería de Sanidade acolleu a principios de semana a mesa de adxudicación do concurso para a redacción e revisión de proxectos, dirección facultativa de obras, mantemento e subministración enerxética de 15 centros de saúde, entre eles o de Tui, e da ampliación do Hospital do Salnés, o que supón a última fase do proceso administrativo de adxudicación deste contrato.

A proposta de adxudicación, por un importe de 10.909.284 €, correspondeu á empresa Cofely España, que presentou o mellor proxecto técnico e a mellor oferta económica. Dito contrato inclúe a redacción e revisión dos proxectos dos centros de saúde de Arteixo, Galeras (Santiago), Malpica, A Capela, O Couto (Ourense), A Valenzá (Barbadás), Nigrán, Oia, Tui, Ares, Cambre, Pontedeva, Gondomar, Marín e Culleredo; así como a ampliación do Hospital do Salnés, en Vilagarcía de Arousa.

A partir da sinatura do contrato, que se agarda para a segunda quincena deste mes, a adxudicataria ten un máximo de seis meses para entregar os proxectos arquitectónicos de cada un dos centros, que se irán licitando a medida que se vaian entregando.

Para o alcalde de Tui esta é unha magnifica noticia, segundo. Moisés Rodríguezesta obra será un importante fito nos equipamentos públicos tudenses. Xunto coa Escola Infantil a piques de rematar, o Consorcio da Auga do Río Louro, ou a Vía de Altas Prestacións Tui – A Guarda”, que, segundo salientou , “supón unha importante mellora da calidade de vida dos veciños”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.