RGPD - Cookies
Galicia

Beiras, reelixido voceiro nacional de Anova

Xosé Manuel Beiras foi reelixido como voceiro nacional de Anova este domingo pola tarde despois de que a asemblea ao completo votara por él, a man alzada, sen ningún voto en contra.

Entre berros de «presidente, presidente», «Galiza ceive, poder popular» e «independencia», Beiras foi ovacionado polos centos de militantes que se deron cita no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, tras o cal comezaron a soar o ‘Grândola, Vila Morena’, coreado ao unísono por todos os presentes, e o himno galego.

Previamente, na presentación da súa candidatura á Portavocía Nacional – única que se presentou nesta I Asemblea Nacional para ocupar un cargo que xa ocupaba dende a asemblea constituínte de Anova -, Beiras fixo un chamamento a ampliar «a proposta ampla de fronte ampla» de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), pois deixou claro que a súa «máxima responsabilidade» é «non só con toda a militancia de Anova, senón con máis de 200.000 cidadáns que votaron a AGE», nunha fronte na que «o motor principal foi Anova».

 

También te puede interesar