RGPD - Cookies
Vigo al día

A CIG propón a UGT e CCOO unha folga xeral en Vigo antes de plantexarla en Galicia

A CIG propón unah folga xeral en Vigo/Tresyuno Comunicación

O secretario xeral da CIG, amosouse disposto, este domingo, a chegar a un acordó con  UGT e CC.OO. para realizar unha convocatoria comarcal en Vigo en defensa do naval, en liña co modelo que terá lugar o 12 de xuño en Ferrolterra, ao que prosiga «nos próximos meses» un paro xeral en toda Galicia para «defender os postos de traballo» ante a situación  de condicións «dramáticas».

Así expresouno Suso Seixo nunha entrevista concedida a Radio Nacional de España, na que afirmou que «os tempos requiren de unidade sindical», aínda que recoñeceu que «non é nada doado», dado que as centrais parten de premisas e «maneiras de afrontar as crises distintas». «Non depende de nós, nós estamos dispostos», deixou claro.

Nesta liña, valorou como «fundamental» o acordo ao que, «afortunadamente», se chegou entre as tres forzas sindicais maioritarias –UGT, CC.OO. e CIG– para a folga xeral comarcal en Ferrolterra o 12 de xuño.

«Na medida en que poidamos imos a seguir promovendo unha folga comarcal», explicou sobre a situación de Vigo, despois de que esta semana a CIG remitise un comunicado no que apostaba por un paro xeneralizado en defensa do naval nesta bisbarra «unha das máis afectadas pola crise» e cunha «problemática importante no sector afectado polo ‘tax lease».

«Non descartamos mesmo, nos próximos meses, se fose posible e así puxésemonos de acordo todas as organizacións sindicais maioritarias de promover unha folga en Galicia de defender os postos de traballo porque a situación na que estamos é calamitosa», apostou Suso Seixo.

Neste sentido, referiuse ás «grandes dificultades para poñerse de acordo» entre os sindicatos, xa que «non pode ser cousa dun día ou das cúpulas», pois «hai que construila dende abaixo para que realmente sexa operativa para a clase traballadora».

 

También te puede interesar