Comarcas

O 15 de xuño estarán traballando preto de 300 universitarios contratados ao abeiro do Plan de Emprego da Deputación

A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar 21 novas bolsas de práctica laboral para titulados universitarios sen experiencia laboral previa. 20 deles irán destinados a 17 concellos da provincia e 1 prestará servizo nas oficinas do ORAL de A Estrada.

Todos os seleccionados estarán traballando o 15 de xuño nos concellos da provincia que solicitaron persoal, así como nos centros da Deputación. En total, preto de 300 universitarios van ter esa a oportunidade de facer un traballo relacionado cos seus estudos.

As bolsas que se adxudicaron hoxe son as seguintes: Arbo: 1 titulado en Administración e Dirección de Empresas ou Relacións Laborais; Bueu: 1 titulado en económicas ou xestión pública;  Cangas do Morrazo: 1 titulado en económicas; Covelo: 1 titulado en dereito económico; Cuntis: 1 titulado en económicas e empresariais;  A Estrada: 3 titulados en Economía;  Forcarei: 1 diplomado en administración e dirección de empresas;  Gondomar: 1 titulado en empresariais; O Grove: 1 titulado en económicas; Lalín: 1 titulado en económicas e empresariais;  Marín: 1 titulado en administración e dirección de empresas; Mos: 1 titulado en ciencias empresariais;  As Neves: 1 titulado en Administración de Empresas; Nigrán: 2 titulados en empresariais e económicas; Poio: 1 en económicas, dereito económico ou empresariais;  Salceda de Caselas: 1 titulado en administración e dirección de empresas ou economía; Vilagarcía: 1 titulado en económicas e empresariais; ORAL A Estrada: 1 titulado en Administración e Dirección de Empresas ou económicas.

Aos 286 contratados ao abeiro deste programa da Deputación hai que sumar os 34 titulados en turismo que xa desenvolven o seu labor en diferentes concellos de Galicia. Así mesmo, o Plan de Emprego provincial, prevé que preto de 800 desempregados traballen nos concellos da provincia financiados polo organismo provincial.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.