Cultura

Investigacións Científicas organiza este venres en Príncipe obradoiros polo Día Mundial dos Océanos

A rúa Príncipe se convertirá este venres no escenario dunha iniciativa de divulgación científica coincidindo coa celebración o día 8 do Día Mundial dos Océanos. O Concello e o Instituto de Investigacións Mariñas organizan conxuntamente oito Obradoiros de Ciencia Mariña para achegar a investigación científica ao público dun xeito entretenido e riguroso, á vez.

Tal e como explicou Eva Balsa, vicedirectora do Instituto de Investigacións Mariñas, organizaránse xogos e experimentos para que os asistentes coñezan algúns dos traballos que se realizan no centro. Os obradoiros están dirixidos ao público en xeral e son gratuítos. Terán lugar en horario de mañá (de 11 a 2 ) e tarde (de 6 a 9 e media da noite).

Outra das actividades organizadas con motivo do Día Mundial dos Océanos é unha marcha nocturna que se celebrará o sábado día 8 desde a praia de Canido ata Samil, pasando por todos os arenais. O punto de encontro será ás 8 e media da tarde na Praza do Rei e as inscripcións poden realizarse a través do teléfono 010.

A través dos obradoiros organizados mañá, os asistentes coñecerán os procesos que afectan á formación das correntes mariñas, os metais e as criaturas microscópicas que hai na auga do mar e que a simple vista non se advirten; e o método de cultivo e ciclo de vida dos cabaliños de mar.

Tamén, mediante un xogo interactivo, descubrirán o percorrido que segue un pez desde a súa chegada á unha empresa de conservas ata a súa comercialización; a problemática do etiquetado e a trazabilidade nos produtos da pesca e aspectos vencellados coa seguridade alimentaria.

 

También te puede interesar