Vigo al minuto

CCOO e UGT secundan a concentración en defensa de Peinador, a CIG, non

Os responsables comarcais de CC.OO. e UGT en Vigo  confirmaron este xoves que as súas organizacións sindicais estarán presentes na concentración convocada polo alcalde, para o próximo 19 de xuño, en defensa de Peinador, tal e como declararon aos xornalistas logo de entrevistarse con Abel Caballero, xuntanza no que tamén estivo presente o responsable da CIG.

A responsable de CC.OO., Amelia Pérez, pediú á  Xunta que se implique para lograr que os tres aeroportos convivan e sexan viables, ao tempo que recordou que Vigo é a cidade con maior potencia industrial e económica de Galicia. «Parece que hai un plan para acantoar Vigo, co do aeroporto, o do porto nodal ou o de partido xudicial».

O secretario comarcal de UGT, Antonio Juste, sinalou a «clarísima discriminación» que sofre Vigo en materia de axudas a voos, malia que «o 40% dos viaxeiros que salen dende Santiago, chegaron de Vigo». «Están a asediar a cidade, queren que pervivan outros aeroportos a custa de Peinador» e, por elo, «Vigo tense que mobilizar para defender o que é seu, e non a teñen que tachar de localista por iso».

Pola súa banda, o responsable comarcal da CIG, Serafín Otero, sinalou que a súa central non se sumará á convocatoria de Caballero, por considerar que o problema do aeroporto forma parte dunha conxuntura socioeconómica con outros moitos problemas. «A CIG convoca  á mobilización o 12 de xuño para defender o emprego e a industria», concluiu.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.