Comarcas

Arranca en Redondela o Festival Alternativo Millo Verde

A VII Edición do festival Alternativo Millo Verde abre este xoves día 6 cun concerto presentación na Alameda de Redondela ás 9 e media da noite a cargo da banda galega de misturas balcánicas “Güintervan”.

O venres 6, xa no anexo do campo de Santa Mariña (Campo do Choco), comezarán os concertos ás 10 da noite coa actuación dos seguintes grupos: A Banda de Adrelo (Vigo), Güintervan (Soutomaior),  The turre´s band (Mos), Jimmyjazz & Zelufank (Cádiz)

O sábado  día 7, péchase o festival coa actuación dos seguintes grupos: Foxy Freire (Cangas), O sonoro Maxin (Ourense), The Anomalys (Holanda) e Aïrtist (Hungría).

Como en tódalas edicións, a entrada é gratuita e realizarase unha Jam Graffiti a partir das 5 da tarde na Alameda da vila con artistas da pintura de rúa da comarca de Redondela, Vigo e arredores. Tamén levarase a cabo o concurso de basket 3×3 que comezará o venres e rematará o sábado. O venres tamén haberá un obradoiro e mostra de danza africana, un obradoiro de construción de  de barquiños con material de refugallo e a actuación de Ciclobibliotecando.

O sábado, as 10 e media da mañá, ábrese a feira de produtos ecolóxicos “Feira Verde” , e pola tarde continuará a Jam Graffiti e o 3×3, esta vez animados polo artista do reggae Sensi Starz. Actuará Circanelo, realizarase un obradoiro de construción de instrumentos con material de refugallo e unha “Regata pluvial polo río Alvedosa” cos barquiños construídos no obradoiro do día anterior.

 

También te puede interesar