RGPD - Cookies
Galicia

A Xunta pide «non desesperar» porque ainda non se empezaron a construir os barcos de Pemex

O director xeral de Industria, Enerxía e Minas, pediu este xoves no Parlamento de Galicia a “non desesperar” porque non se iniciara ainda a construción dos floteis asinados coa Petrolera Mexicana (Pemex). «Hai uns contratos pechados e non hai ningunha circunstancia obxectiva que indique estes contratos teñen a máis mínima dificultade para a súa entrada en vigor», sostivo.

En resposta a unha pregunta da deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Consuelo Martínez, Ángel Bernardo Tahoces  insistiu o inicio dos traballos depende de que «os contratos entren en vigor, o que á súa vez, depende exclusivamente das empresas que os asinan, a Xunta non debe nin pode interferir «.

Pola súa banda, Martínez replicou que «paréceme alarmante e escandaloso que vostede, que cobra un salario todos os meses, teña a cara de dicir que non hai que desesperarse. Dígallelo aos traballadores do naval», reprochou. A deputada de AGE destacou que «chega o verán e os traballadores do naval seguen en paro».

«As súas palabras son desproporcionadas, inxustas e non son reais», contestou Tahoces, que reivindicou o «auténtico compromiso do PP e do Goberno  con Galicia, os traballadores e o sector naval». Ademais, repasou os últimos barcos construídos nos estaleiros de Ferrol e asegurou que «Navantia non debe nin un só contrato á esquerda deste país nos últimos dez anos. A carga de traballo, sostivo, foi xerada polo PP».

A representante de AGE recriminou na súa intervención que «a promesa de carga de traballo segue sin verse e os estaleiros seguen parados , non se ven nin os floteles nin ningún do quimiqueros ou barcos prometidos por presidente en campaña». Así, avisou de que Ferrol e Vigo «ven como o seu naval vai desaparecendo» e véndense empresas «tan importantes como Barreras para ter unha carga de traballo que non chega».

 

También te puede interesar