Galicia

Os traballadores da empresa de recollida de lixo de Nigrán, convocan unha folga indefinida

Os traballadores da concexionaria da recollida do lixo de Nigrán, Cespa, decidiron en asamblea inciar unha folga indefinida dende o vindeiro día 14 logo de que, segundo denunciaron, non se chegase a un acordó para a sinatura dun novo conveniop colectivo.

As centrais sindicais presentes no comité da devandita empresa sinalan que, despois de sete reunións para falar do convenio, “a empresa, unilateralmente modificou a xornada de traballo e as vacacións, sen contar coa parte social”. A pretensión desta modificación, segundo os sindicatos, é que “o persoal traballe mais horas no verán e menos no inverno”.

Ademáis, en canto as vacacións, “impoñen gozalas en so dous meses, ou dividilas no resto do ano”, de xeito que, subliña a CIG, non se substituiran os postos de traballo, que se viñan cubrindo de xeito temporal e, ademáis, vulnérase o acordo, “asinado logo de 9 días de folga”, que establece que as vacacións serán de xuño a setembro.

Á marxe diso, continúan os representantes dos traballadores, Cespa, alude problemas económicos, “nas reunións que mantivemos co alcalde, garantizounos que non lle deben ningún pago”, por iso os traballadores indican que “se perden cartos coa concesión, que a deixen, e sala a subasta”, ao tempo que denuncian que Nigrán ten unha taxa de recollida do lixo  case ao mesmo prezo que en Vigo, tendo bastantes menos habitantes.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.