Galicia

O paro baixou en maio en Galicia en 6.573 personas, pero aínda hai 283.886 desempregad@s

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego  descendeu en 6.573 persoas en maio en Galicia, o que supón un do 2,26% respecto ao mes anterior e deixa o total de desempregados na comunidade en 283.886, de acordo cos datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Non obstante, na comparación interanual, o desemprego segue amosando un incremento. En concreto, o paro subiu un 2,63% en maio respecto ao mesmo mes do ano pasado, o que implica que se sumaron ás listas 7.278 persoas en todo o país.

Galicia suma o seu terceiro mes consecutivo de baixada do paro e sitúase en maio como a sétima comunidade cun maior descenso do paro en termos relativos. Iguala o descenso rexistrado en Cataluña, que é tamén do 2,26% en maio respecto a abril.

O desemprego caeu máis entre os homes que entre as mulleres en maio, de modo que entre eles descendeu un 2,85%, ata un total de 138.545 persoas; mentres que os rexistros de paro feminino mostran unha cifra total de 145.341, un 1,69% menos. En canto aos menores de 25 anos, estaban anotados nas listas do desemprego un total de 19.670 en maio, o que supón un descenso do 4,48%.

Por sectores, todos experimentaron caídas, aínda que o maior descenso o rexistrou, en termos relativos, o da construción, que reduciu un 3,17% o número de desempregados, ata 44.654. En termos absolutos son os servizos os que logran unha maior contención do desemprego, cunha caída de 4.019 persoas. Na industria o paro baixou un 2,29% e situou o total de desempregados en 39.611; mentres que na agricultura a caída foi do 1,53%, de modo que a cifra se situou en 9.376. Por último, o colectivo sen emprego anterior apenas reduciu o desemprego e a caída é de só 16 persoas (un 0,07%), co que o total é de 23.275 parados.

Todas as provincias galegas rexistraron descensos do desemprego en maio. O máis acusado é o de Pontevedra, cun retroceso do 2,81%, deixando o total de personas sen emprego en 111.996, o que supón que hai 3.241 persoas menos anotadas, aínda que na comparación interanual o paro aumenta un 2,86%.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.