Deportes

Este sábado, día 8, Vigo será a meta dunha das etapas da Volta Ciclista Abimota-Rexión de Abeiro

O concelleiro de Deportes e Joao Pires, presidente de Abimota, presentaron este martes a 34ª edición da volta ciclista Gran Premio Abimota-Rexión de Abeiro, que este ano terminará a súa primeira etapa en Vigo o sábado, día 8 de xuño. Procedente de Santiago de Compostela, o pelotón percorrerá García Barbón, Policarpo Sanz ata chegar á Porta do Sol.

Nesta proba participan 4 ciclistas galegos profesionais, formando parte de 15 equipos de catro países distintos. Aos seis equipos portugueses, súmanse tres españois -Burgos BH, Supermercados Froiz, e a Deputación de León-Arte en Transfer. O pelotón, que terá preto de 110 participantes, contará tamén con 4 equipos portugueses sub-23 (Liberty, Maia, José María Nicolau e Anicolor).

Esta proba ten por obxectivo combinar a vertente deportiva cunha acción turística promocional organizada pola Entidade Rexional Turismo Centro de Portugal en España. A carreira rematará o día 10 de xuño en Estarreja, na rexión de Abeiro.

 

También te puede interesar