RGPD - Cookies
Deportes

O Seis de Nadal-Coia remata a tempada das súas Escolas Deportivas e Ligas Internas

Este venres tivo lugar a xornada de clausura da tempada 2012/2013 das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto e das Ligas Internas de Colexios, Ligas LINCO Linorsa ´13, organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal Coia dentro do programa municipal de Escolas Deportivas.

A xornada comezou no Pavillón Municipal de Navia con partidos amigables entre todos os combinados das Escolas Deportivas. Tódolos xogadores e xogadoras do CEIP Seis do Nadal, CEIP Doutor Fléming, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat, Colexio Don Bosco, EDM Balaídos, EDM Berbés, EDM Navia e do CEIP Carrasqueira puideron despedir a tempada 2012/2013 xogando contra os demais escolares.

Os máis de 200 xogadores e xogadoras que se reuniron no polideportivo de Navia puideron demostrar ao público todo o aprendido ao longo do curso que comezou no mes de outubro do pasado ano. Desde entón tódolos escolares aproveitaron os adestramentos semanais e as xornadas das Ligas Internas de Colexios 2013, cun total de 180 partidos na Liga Linco e 48 encontros na Liga Linco XL, para aprender e mellorar das mans dos seus adestradores e adestradoras.

Para clausurar a xornada levouse a cabo a entrega de regalos a tódolos rapaces e rapazas, así como ao grupo de árbitros das Ligas Internas de Colexios, grupo formado por xogadores e xogadoras federados de categoría cadete, júnior e sénior do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia.

 

También te puede interesar