Vigo al minuto

Inaugurada a humanización da rúa Enrique Lorenzo

Dende este xoves quedou aberta aos peóns a rúa enrique Lorenzo despois de ser humanizada cun investimento total de 667.000 €. No acto oficial de inauguración, o  alcalde subliñou que, xunto á mellora en superficie, a reforma inclúe a renovación das redes de servizos, tuberías de saneamento, pluviais e abastecemento de auga en 400 metros de rúa e 5.500 metros cadrados de superficie.

Abel Caballero lembrou que Enrique Lorenzo é un vial que “levaba sen ser atendido 60 anos”, e que o goberno local tiña moitas peticións para a súa humanización por ser “desastrosa no seu trazado, no seu saneamento e abastecemento”. O alcalde quixo recoñecer aos veciños e veciñas que cooperaron co Concello cedendo parte dos seus terros para ampliar a beirarrúa, e singularmente citou á familia de Antonio Coello, actual subdelegado do Goberno na provincia.

 

También te puede interesar