Comarcas

Campamentos Urbanos e Deportivos en Tui

O Concello de Tui organiza os Campamentos Urbanos e Deportivos de Verán 2013, que se levarán a cabo durante o mes de xullo e a primeira quincena do mes de agosto. A  Concellería de Deportes tudense aposta por aumentar unha quincena máis, das dúas que se realizaron na pasada tempada, contando con dúas quendas no mes de xullo e unha máis na primeira quincena de agosto.

Os campamentos urbanos e deportivos de verán van destinados aos nen@s e moz@s de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos – idades cumpridas ao inicio de cada quenda –. Segundo os responsables locais, “co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral”.

As inscricións realizaranse na secretaría do Concello de Tui, dende o día 3 ata o 11 de xuño, no horario de 9 da mañá a 2 da tarde, entregando cumprimentado o formulario de solicitude xunto á documentación requirida nas bases, que poden consultarse na páxina web do Concello de Tui www.concellotui.org ou na secretaría do concello.

Nas actividades previstas pretendese o fomento de hábitos de vida saudables, a educación en valores, o respecto a un mesmo e aos demais así como ao noso entorno, artellado entre torno á practica deportiva e de xogos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.