Vigo al día

O ‘Adventures of the seas’, con 4.200 personas a bordo atraca por primeira vez en Vigo

O Adventires of the seas, atracado esta mañá en Vigo/Tresyuno Comunicación

O trasatlántico ‘Adventures of the Seas’ chegou este domingo, cedo, na que é a súa primeira escala, a Vigo, con máis de 4.200 persoas a bordo, entre pasaxeiros e tripulación,

O buque, procedente de Southampton e pertencente á navieira Royal Caribbean, será un visitante asiduo da cidade e estará, de novo, por terras viguesas o 19 de xullo, e os días 2, 25 e 30 de outubro.

Este cruceiro, de 311 metros de eslora, foi construído en 2001 e está dotado de 15 cubertas e numerosas instalacións destinadas ao ocio, a restauración e as prácticas deportivas, coma unha de pista de patinaxe, rocódromo, un campo de golf de nove buratos, ximnasio e salón de beleza, varias piscinas, un teatro no que se representan musicais, cinema, biblioteca con máis de 3.000 exemplares, casino e varios bares e restaurantes, entre outros servizos.

 

También te puede interesar