Galicia

Este sábado, concerto solidario en Mayeusis a favor de Unicef

conservatorio Mayeusis celebrará este sábado 25 de maio, en Vigo, o seu III Concerto Solidario ‘Pon a túa nota a favor de Unicef’, o importe íntegro do cal de cada unha das entradas se destinará a vacinar 14 nenos contra a polio. O espectáculo, que por vez primeira combinará as artes escénicas e musicais, terá lugar no Centro Cultural Novacaixagalicia ás 7 e media da tarde.

Os organizadores salientan que o obxectivo deste acto é unir a música, a danza e o teatro «cun obxectivo de solidariedade» e de axudar a «descubrir, dende a diversidade, a responsabilidade por compartir o camiño con todos os habitantes do planeta, e en especial os nenos».

O concerto supón un reto organizativo para Mayeusis, xa que terá que coordinar a máis de 300 participantes entre alumnos e convidados deste conservatorio con idades comprendidas entre os 8 e os 68 anos de idade, que levan dende decembro pasado preparando este evento.

Colaboran neste concerto o trío El Sueño de Calíope, o solista Juan Abalde, e Abel Martín, do grupo escénico circense La Fiesta Escénica e a banda de gaitas Manxadoira. En total, serán 14 actuacións encadeadas entre si, divididas en dúas partes, na que a primeira se pode considerar escénica e a segunda ten un marcado carácter orquestral.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.