Ciencia y Tecnología

A Academia Galega de Seguridade organiza dous cursos de socorrismo para traballar en praias e instalacións acuáticas

A Academia Galega de Seguridade Pública impartirá a partir deste luns, 27 de maio, dous cursos de socorrismo en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais dirixidos prioritariamente a persoal desempregado, que terán lugar na súa sede, na Estrada.

O obxecto dos cursos é que os alumnos adquiran a formación necesaria para o exercicio da actividade de socorrismo establecida no Decreto 104/2012,  no que se fixa a formación mínima dos socorristas. Os cursos conteñen varios módulos coma a prevención de accidentes, o rescate de accidentados, a natación, primeiros auxilios, e a sensibilización medioambiental, entre outros.

Os curso de socorrismo en instalacións acuáticas terá unha duración de 388 horas e realizarase integramente nas intalacións da AGASP e o de socorrismo en espazos acuáticos naturais de 438 horas, parte da cales serán impartidas en praias galegas, tanto fluviais coma marítimas.

Os alumnos que superen os cursos obterán o certificado de profesionalidade de  Socorrismo en instalacións acuáticas (AFDP0109) ou de Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFDP0209) establecidos polo Real decreto 711/2011 do 20 de maio.

Decreto de socorrismo

No mes de abril do ano pasado, o goberno galego aprobou o decreto que fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos, e crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia, ca finalidade de contribuír a garantir a axeitada prestación de servizos de socorrismo en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais de Galicia, a través da esixencia de que os profesionais conten cunha formación mínima baseada nos estándares do catálogo nacional de cualificacións profesionais.

A norma establece que esta formación permite inscribirse nun rexistro de socorristas acuáticos de Galicia e obter unha habilitación que será expedida pola Academia Galega de Seguridade Pública e que é imprescindible para o exercicio profesional do socorrismo en Galicia, o que ofrecerá unha garantía da axeitada prestación de servizos de socorrismo de calidade á cidadanía.

Este decreto será de aplicación aos socorristas que exerzan a súa actividade en instalacións acuáticas, e en espazos acuáticos naturais de Galicia que, segundo a normativa vixente, teñan a obriga de ter un ou máis socorristas con titulación en materia de salvamento e socorrismo acuático, entendendo por instalacións acuáticas, as piscinas convencionais de uso público ou privado, piscinas naturais, parques acuáticos, balnearios e instalacións análogas dedicadas a actividade acuática; e por espazos acuáticos naturais,  as praias marítimas e fluviais, ríos, lagos e embalses.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.