A alfombra vermella de Cans estará ateigada este sábado

O Festival de Cans celebrará este sábado o último día da súa décima edición, no que se proxectarán os 21 curtas a concurso e se realizará a entrega de premios. A xornada empezará coa subida ao monte do Castelo, – El Pianista– , as 9 da mañá e concluirá de madrugada con sesións DJ.

Este ano competirán 14 curtas de ficción e outras 7 de animación, os cales serán proxectados nunha sesión matinal e noutra pola tarde. Ás 11 da noite, está prevista a entrega de premios.

Ademais das obras a concurso, poderase ver unha selección de pezas do festival bretón de Douarnenez, o documental ‘Toñito Blanco, só perdido e vicioso’ e estrearanse os catro primeiros capítulos «do quid’, entre outras propostas. Logo, o director Juanma Bajo Ulloa presentará unha selección de traballos audiovisuais, será o protagonista dun coloquio e colocará a súa estrela no ‘Torreiro das Estrelas’.

As 3 e media da tarde, empezará a tradicional procesión de ‘chimpibuses’, que estará amenizada pola charanga de ‘Os Veraneantes’. Este ano, por Cans pasarán artistas como Grampoder, Fon Román, Óscar Avendaño, Lobishome, Tony Lomba & Elio dos Santos, Cristina Pato, Radio Cos, El Gran Wyoming e os Insolventes e Silvia Superstar, versión  DJ.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.