RGPD - Cookies
Cultura

Podes baixarte de balde, na web de Galaxia, un relato de Xosé Carlos Caneiro

A Editorial Galaxia activou no seu web a descarga gratuíta dun relato do escritor galego Xosé Carlos Caneiro, que forma parte do seu novo libro ‘A máscara de Ulises’.

Nun espazo denominado ‘O libro do mes’, os usuarios poderán descargar de forma gratuíta o relato ‘A última memoria de Oliverio Twist’ como mostra do último libro de Caneiro e que xunta, por primeira vez, algúns dos seus traballos breves.

A sección ‘O libro do mes’ é unha iniciativa da Editorial Galaxia para permitir a lectura gratuíta de parte dalgunhas das súas obras que se publican como novidades.

 

También te puede interesar