Condenan a Novagalicia Banco a devolver 241.000 € a un aforrador ‘atrapado’ en débeda subordinada

A vía xudicial ábrese como unha porta aberta para os afectados pola compra de Preferentes e débeda Subosdinada, logo do fin das arbitraxes, prevista para dentro dunhas semanas. Proba delo é a unha sentenza que condena a Novagalicia Banco a pagar 241.000 € a un aforrador ao que o banco ‘colocoulle’ este producto.

Trátase, ate hoxe, da maior cantidade á que ten facer fronte a entidade pola mala comercialización destos productos que foron maioritariamente ‘vendidas’ a personas sen perfil inversor e maiores de 70 anos. O aforrador, dacordo coa sentenza recupera a totalidade dos seus cartos.

A marxe da devolución dos cartos, a sentenza supon unha esperana para aqueles afectados que teñen subordinadas con vencimento máis alá de 2018 que consideran que poderían perder preto do 30% da cantidade ‘atrapada’ e que, coma declarou o avogado Agustín Gándara a vigoalminuto, teñen na vía xudicial a mellor opción para recuperar os seus aforros para aqueles que tivesen máis de 25.000 € inmovilizados nestos productos.

 

También te puede interesar