RGPD - Cookies
Galicia

Gamesa pechará unha das liñas de producción de As Somozas e despedirá a 80 traballadores

Gamesa comunicou aos representantes dos traballadores un expediente de despedimento colectivo que afecta a 394 traballadores, un 6% do total, nas súas plantas de Albacete, Tudela As Somozas, onde despedirá a 80 empregados, co obxectivo de adaptar a produción de pas da compañía á demanda do mercado.

Segundo informou a propia compañía, o expediente supón o peche da planta de Albacete, que conta con 243 empregados e de Tudela, que con 71 traballadores, e dunha liña de produción en As Somozas que se viron «especialmente afectadas pola diminución da demanda e por pedidos de pas diferentes ás que se fabrican nestes centros».

Gamesa subliña que esta decisión responde a “causas obxectivas de carácter produtivo, organizativos e técnicos”, estando previsto que en datas próximas empecen as consultas cos representantes dos traballadores no que se formulará, entre outras cuestións, un proceso de recolocación dos traballadores afectados á planta de produción de pas de Aoiz, en Navarra.

A empresa explica que a sobrecapacidade do mercado eólico, as restricións de crédito e a incerteza regulatoria en varios mercados diminuíron a demanda de pedidos de pas e «fan necesaria a implantación de medidas organizativas para adaptar a súa produción á situación do mercado».

Hai que lembrar que Gamesa xa aplicou o pasado ano un Expediente de Regulamento de Emprego (ERE), que finalmente reduciu o número de despedimentos dos 480 iniciais a 324 e que afectou principalmente á estrutura de oficinas da compañía.

 

También te puede interesar