Galicia

Vinte embaixadores da UE, en Galicia para tratar de fondos europeos e emprego

Os embaixadores veñen a botar un ollo ao que se fai cos cartos de UE en Galicia

Unha delegación de embaixadores dos países da Unión Europea en España chegará este luns a Galicia, cunha axenda que xirará en torno a tres eixes: fondos europeos, sectores produtivos da economía e cultura; na liña da presidencia irlandesa da UE neste primeiro semestre do ano.

Tratase dunha vintena de embaixadores da Unión Europea acreditados en España, o director da Oficina da Comisión Europea en Madrid e o embaixador de Croacia en España, xa que Croacia convertérase no Estado numero 28 da UE o vindeiro mes de xullo.

Durante os días 20 e 21 de maio, analizarán  asuntos como a correcta utilización dos fondos europeos que ten feito en Galicia. Con este obxectivo, realizarán visitas de traballo a proxectos tecnolóxicos e de I+D+i como o Centro de Investigación Molecular e Enfermidades Crónicas da USC ou o proxecto ‘Smart City’ da Coruña.

Outra das prioridades da Presidencia irlandesa -organizadora da visita- será dinamizar a economía, creando emprego, garantindo o crecemento e apostando pola innovación e a internacionalización. Neste sentido, incluirase na axenda dos embaixadores a visita a dúas empresas galegas de referencia: a compañía agro-ganadera Feiraco e o grupo textil Inditex.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.