Vigo al minuto

Centos de vigueses pedalean por UNICEF

Inscripción na Marcha UNICEF, este domingo na entrada do Concello/Tresyuno Comunicación

Ducias de personas participaron este domingo na marcha “Pedaleando pola Infancia” que organizan A Golpe de Pedal  e o Club Ciclista Vigués. A proba, na que os participantes fixeron doazón dun euro por número, saiu da Praza do Rei ás 11 da mañá e seguiu por Venezuela en dirección a Gran Vía, Lepanto, García Barbón, Isaac Peral, Areal, Colón, Policarpo Sanz, Paseo de Alfonso, Elduayen, Falperra, e Cachamuiña para rematar, novamente, na Praza do Rei.

Esta é a segunda edición desta proba que, segundo salientaron os organizadores, “pretende ser un momento lúdico de fomento da actividade física na que participan familias enteiras cun fin solidario: colaborar cos labores de protección á infancia que desenvolve UNICEF en máis de 150 países”.

Na proba colaboran, ademais das citadas entidades, Froitas Neves e Gadis, que achegan o avituallamento que se lles facilitará aos participantes; e o Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima, de Vigo, que será o encargado da asistencia médica sanitaria dos participantes que poidan necesitala.

O alcalde con varios dos participantes/Tresyuno Comunicación

O Concello engade, como puxo de manifestó o alcalde, non só o seu apoio organizativo, senón tamén o dispositivo de seguridade e de tráfico necesario para garantir o bo discorrer da marcha e, por iso, participan na proba efectivos da Policía Local e o Grupo de Voluntarios do Concello.

 

También te puede interesar