Galicia

500 colectivos e 15.000 personas participaron nos programas da Deputación ‘Tí tamén contas’ e ‘Pensa en tí’

Os dous programas máis salientables da Deputación de Pontevedra para a ocupación de tempo libre entre os colectivos de maiores e de mulleres, ‘Tí tamén contas’ y ‘Pensa en tí’, movilizaron o ano pasado a preto de 15.000 personas e máis  de 500 asociacións.

‘Tí tamén contas’ foi seguido por 7.000 maiores de toda a provincia agrupados en 138 colectivos, 70 de eles de Vigo. Pola súa banda, ‘Pensa en tí’ permitiu a 7.000 personas, integrantes de 336 asosciacións de mulleres, ou con vogalías adicadas á muller, a organización de actividades que, en conxunto, precisaron un orzamento de  363.000 €.

‘Pensa en tí’ contou cun catálogo de 130 especialidades estructuradas en seis áreas:  manualidades, arte e bricolaxe, en 30 modalidades; cociña agricultura e elaboracións artesanais, 17 modalidades, desenrolo personal, saúde física e mental; cultura tradicional, música e baile; formación para a igualdade entre homes e mulleres e desenrolo profesional.

Todos os programas estiveron dirixidos por profesionais da formación e ocupación do tempo libre e complementáronse, dende a Deputación, con excursións a diferentes concellos, ademáis de estancias en balnearios e hoteis da provincia.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.