Vigo al día

Este domingo móvete en bici por Vigo e pedalea por UNICEF

O próximo domingo, día 19, as rúas de Vigo acollerán a II Marcha “Pedaleando pola Infancia” que organizan A Golpe de Pedal  e o Club Ciclista Vigués. A proba, na que os participantes poderán doar 1 € por número, sairá da Praza do Rei ás 11 da mañá.

Esta é a segunda edición desta proba que pretende ser un momento lúdico de fomento da actividade física na que participan familias enteiras cun fin solidario: colaborar cos labores de protección á infancia que desenvolve UNICEF en máis de 150 países.

Na proba colaboran, ademais das citadas entidades, Froitas Neves e Gadis, que achegan o avituallamento que se lles facilitará aos participantes; e o Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima, de Vigo, que será o encargado da asistencia médica sanitaria dos participantes que poidan necesitala.

O Concello facilitará non só o seu apoio organizativo, senón que tamén o dispositivo de seguridade e de tráfico necesario para garantir o bo discorrer da marcha e, por iso, participarán na proba efectivos da Policía Local e o Grupo de Voluntarios do Concello.

A marcha trasncurrirá  por Venezuela en dirección a Gran Vía, Lepanto, García Barbón, Isaac Peral, Areal, Colón, Policarpo Sanz, Paseo de Alfonso, Elduayen, Falperra, e Cachamuiña para rematar, novamente, na Praza do Rei.

As inscricións poderán formalizarse nas oficinas de UNICEF contactando vía correo electrónico ([email protected]) ou por teléfono (981.586.387), e o mesmo día da Marcha ciclista (a partir das 10 da mañá).

 

También te puede interesar