RGPD - Cookies
Galicia

Galiciaconfidencial amosa unha das primeiras imaxes emitidas pola TVG da foto de Feijóo e Marcial Dorado

Os nosos compañeiros de galiciaconfidencial.com,  estiveron moi atentos á información que ofrecía o programa da Televisión de Galicia ‘A Revista’ sobre Xuventude Galicia Net. Na conexión co reporteiro que falaba dende o lugar da celebración deste macroencontro dixital, un dos participantes colou unha imaxe que é moi difícil de ver, por non decir imposible, na TVG, a fotografía, publicada no seu día polo diario ‘El País’, do presidente da Xunta e o narcotraficante Marcial Dorado.

O xornalista fala a camára mentres, por detrás, a dereita da imaxe, un dos mozos que estaba no Pazo de Congresos e Exposicións de Compostela, amosa a súa pantalla de ordenador coa devandita fotografía. Decatándose do feito, o cámara cambia bruscamente de plano e fai unha panorámica do pazo, cos internautas en plena sesión, pero, cando volve a enfocar ao locutor, o rapaz colle a pantalla do ordenador e a levanta para que a famosa foto quede case que coma decorado de fondo da crónica.

 

También te puede interesar