Galicia

O programa de detección precoz do cancro de mama diagnosticou 3 casos por cada mil mulleres exploradas

Un total de 148.211 mulleres foron exploradas en 2012 no marco do Programa Galego de Detección precoz do Cancro de Mama, unha proba que detectou 459 cancros provisionais, o que supón o diagnóstico de 3 casos de cancro por cada 1.000 mulleres atendidas.

So o 2,86% das mulleres, 4.232, foron remitidas a unha unidade de diagnóstico, onde se detectaron 459 tumores provisionais e 857 están pendentes de diagnóstico. A taxa de participación global foi do 79,1%; por provincias, en A Coruña exploráronse 66.890 mulleres cunha participación do 79,68 %; en Lugo, 19.678 mulleres e unha participación do 81,99%, en Pontevedra, 44.978 mulleres e unha participación do 79,1%.

Baseándose nos datos de Sanidade, a supervivencia de mulleres que participan no programa a cinco anos vista é do 96,4% fronte ao 84,8% das mulleres que non o fan.   Nun prazo de nove anos a diferenza é aínda maior, xa que a supervivencia das participantes neste diagnóstico precoz é do 92,7% fronte ao 78,8% ás que non acoden a estas citas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.