Vigo al día

O novo centro veciñal da Miñoca,xa en marcha, será unha realidade no verán de 2014

O alcalde, con concelleiros do Goberno, do PP e do BNG, colocando a primeira pedra

Se se cumpren os prazos dados polo Concello, o novo centro vecinal da Miñoca estará rematado en 15 meses. Ubicado na rúa Luis Kasado, o novo inmoble dispón dunha inversión de 875.000, segundo asegurou o alcalde no acto de colocación da primeira pedra.

O proxecto plantea un edificio na planta baixa, en contacto coa praza pública exterior, encaixado na aba, con dúas fachadas contrapuestas: a dianteira acristalada e a traseira pechada. O novo centro terá vestíbulo de acceso, espazo para a administración, unha zona de usos múltiples, catro aulas para cursos, aseos e almacéns.

O novo espazo, que terá un ámbito social público para os veciños ven a cubrir, ademáis, unha importante laguna arquitectónica na zona e a cumprir as peticións de moitos dos residentes no lugar.

 

También te puede interesar