O Eixo Atlántico confía en que o ‘roaming’ entre España e Portugal desaparezca nun ano

O secretario xeral do Eixo Atlántico destacou que a organización «xa está a traballar na eliminación do ‘roaming’ telefónico entre España e Portugal”, en contacto con operadores que se están a mostrar «receptivos» para que desapareza a obriga de pagar por recibir datos fora da área de servizo local da propia compañía.

«Se o conseguimos nun ano, eu xa estaría feliz», sinalou Xoán Vázquez Mao nunha entrevista á Radio Galega na que, entre outras vantaxes, citou que a inexistencia do ‘roaming’ significa «que non tes problema con Internet» e «que se tes unha tarifa plana, as chamadas no outro país entran dentro da túa tarifa plana». «Estamos a falar de competitividade para as empresas e para o turismo», resaltou.

Vázquez Mao salientou que esta cuestión «non depende dos gobernos senón das empresas, polo que hai que buscar contrapartidas  e  convencer ás operadoreas de que o que poidan perder, vano gañar en cota de afiliación».

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.