Deportes

Vigo recupera a súa Media Maratón, este domingo

A XVI Media Maratón de Vigo, que regresa tras catorce anos de ausencia, disputarase este domingo – 10 da mañá – dende Policarpo Sanz e con máis de mil participantes polo centro de Vigo. Álvarez Salgado, atleta olímpico nos anos 60, recuperou unha clásica a través da Agrupación Deportiva Media Maratón de Samil e, cun equipo de 125 persoas, entre voluntarios e demais membros da organización.

Os atletas Terán que recorrer 21.097 en dúas voltas a todo o centro  da cidade e final enPríncipe e Porta do Sol.Esta mesma mañá, a unhas horas do peche do prazo de inscrición eran xa 1.043 os e as atletas anotados para a proba, que contará tamén con carreira de relevos – equipos de dous e catro corredores –. O diñeiro recaudado con esta novidade irá destinado a construír pozos de auga en Camerún.

Elías Domínguez, un dos atletas consagrados da provincia, figura entre os inscritos dunha media «puramente popular e homologada pola RFEA porque aquí non hai premios en metálico», anunciou Álvarez Salgado, que lembrou que na anterior etapa da carreira  tivo gloriosos vencedores, casos da portuguesa Rosa Mota ou o vigués Alejandro Gómez. O veterano atleta explicou tamén a súa ledicia pola marcha das inscricións, e puxo con exemplo os 187 participantes de 1984.

Dende a organización anunciouse ademais que haberá unha charla de Abel Antón – bicampeón do mundo do maratón – no Verbum o sábado 11 (ás 7 da tarde), e que na carreira haberá unha liebre «segura» para aqueles populares que desexen facer un tempo de 1 hora e 24 minutos.

Este domingo, Policarpo Sanz, García Barbón, Isaac Peral, Areal, Praza de Compostela, Carral, Marqués de Valladares, Rosalía de Castro, Elduayen, Paseo de Alfonso XII, Pi e Margall, López Mora, Camelias, Romil, Venezuela, Blein Budiño, Ronda Don Bosco, Príncipe e Porta do Sol serán tomadas polo atletismo popular e pecharán ao tráfico entre as 10 da mañá e as 12 e media del mediodía.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.