Galicia

Se agardabas polo glamour, aquí o tes: as entradas de Cans, á venda o día 9 por Internet

Así é: as entradas para ver os curtos que salguen a concurso na edición deste ano do Festival de Cans, que se proxectarán o día 25 de maio, poderán reservarse a través da web do festival o próximo día 9, dende as 9 da mañá. En total ponse a disposicón 400, as outras 400 poden comprarse desde o xoves, día 16 (7 da tarde) no local social de Cans. O custo será de 10 €, ou 18 se optades polo ‘pack’, que inclúe, ademáis, unha camiseta e unha pegatina.

Este ano entran en competicón 14 curtos de ficción e outros 7 de animación, os cales se proxectarán na tarde do sábado 25. O resto da programación do evento, que inclúe diversas actividades entre o 22 e o 25 de maio, será gratuíta e de acceso libre ata completar auditorio.

Aqueles de vos que reservedes por Internet non poderedes comprar máis de dos packs cada un, e estarán disponibles o mesmo sábado, día 25, de 11 da mañá a 2 da tarde,  no punto de información do Torreiro de Cans.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.