Vigo al minuto

75.000 vigues@s no 1º de maio

Vista dos milleiros de personas convocadas pola CIG

Máis de 75.000 personas, segundo os datos da Policía Local, participaron este mércores nas manifestacións convocadas para reivindicar, este 1º de Maio, unha nova política económica.

Afectados polas Preferentes

Os congregados – entre os que estaban Afectados polas Preferentes ou empregados de Pescanova, ademáis de a plantilla de Unísono, representantes do Naval ou de Esquerda Unida – que segundo as centrais convocantes superaron os 100.000, clamaron contra os datos ‘pavorosos’ do desemprego, criticaros a xestión do Goberno, “que nos leva á ruina dun camino sen saída, á emigración, camino que xa emprenderon máis de 60 rapazas e rapaces galegos, e a acabar sendo, para sempre, unha sucursal de Alemaña”.

A cabeceira da CIG sentouse nun momento da manifestación

A convocatoria máis numerosa foi a da Confederación Intersindical Galega (CIG), que saiu pasado o mediodía do cruce da entrada do Calvario á que, segundo datos oficiais, asistiron 45.000 personas.

Xosé Manuel Beiras

Tratábase da manifestación central dos nacionalistas en Galicia e nela estivo o secretario xeral, Suso Seixo, ademáis de representantes de diferentes asociacións, organizacións e partidos, entre eles o voceiro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento de Galicia, Xosé Manuel Beiras.

Carmela Silva e Abel Caballero

UGT e CCOO, que concorrían xuntas a este 1º de Maio, convocaron a 30.000 personas, entre elas o alcalde, Abel Caballero, con parte do seu goberno ou os deputados Abel Losada e Manel Gallego.

Pola súa banda, CGT e CUT, que saíron ao redor das 11 e media, foron acompañados por preto de 4.000 personas, segundo datos dos convocados, rebaixados a 1.200 pola Policía Local.

Rubén Pérez, coordinador de Esquerda Unida de Vigo

Ao término da marcha, na Porta do Sol, o secretario xeral da CIG asegurou que as decisión do Goberno “levan a continuar coa recesión, fan que siga destruíndose emprego e tecido económico e a que non haxa perspectivas de recuperación da economía”. Suso Seixo denunciou a incapacidade” do Executivo de Rajoy “tanto dende o punto de vista ideolóxico coma do profesional e político”.

O seu discurso, Seixo lembrou o lema da convocatoria, ‘Partido Popular, Unión Europea; menos dereitos, máis probreza’ que , subliñou, “serve para sinalar aos culpables desta situación”.

O líder da Confederación Intersindical Galega advertiu que se dan as razóns obxectivas para unha folga xeral xa “non pode seguir esperando a que sigan recortando máis dereitos”. Do mesmo modo, sinalou que “se o Goberno non está á altura das circunstancias, ten que irse e convocar novas eleccións para que poidan asumir a responsabilidade as forzas que están dispostas a defender os intereses da maioría social”.

 

También te puede interesar