Vigo al minuto

Esquerda Unida propón rescatar o Auditorio Mar de Vigo “sen pagar un euro” á concesionaria

Esquerda Unida de Vigo cree que o “sobreprezo que tivemos que pagar pola infraestructura”, orixinariamente cun proxecto de de 85,7 millóns  aprobado polo  Goberno local en outubro de 2006 e que tivo un orzamento final de 154,5 millóns de euros, “xustifica xa o rescate sen dar un euro á concesionaria”. EU lembra que a ampliación da concesión era como compensación por reducir o espazo privado do complexo nun 20% pero o” sobrecuste brutal” da construcción compensaría esta desviación.

EU non entendía como no seu día unha UTE entrou a xestionar unha instalación pública con prezos que eran prohibitivos ate para o propio Concello que en ocasións derivou actos ao Centro Social Caixanova simplemente por “prezo”, e que só tres días ao ano estaba a dispor municipal, “polo que a inversión pública tanto da Xunta como do propio concello quedaba supeditada ao negocio da empresa explotadora do edificio”.

Ao entender de Esquerda Unida, Vigo precisa dun gran centro social e cultural, “unha vez dinamitada as obras sociais das Caixas” e, por elo “apostamos por que este centro sexa o edificio da actual Panificadora, refrotando a idea da Casa da Solidariedade”, un edificio colectivo con oficinas e espazos de usos múltiples para as ONG´s e asociacións de Vigo, a de Cultural e Social, “e a nosa proposta de crear un ‘Ateneo’en Vigo como funciona de xeito exemplar en cidades como Madrid o Barcelona”.

Esquerda Unida subliña que “remunicipalizar o Auditorio Mar de Vigo significaría poder establecer un criterio máis amplo de tasas por uso do auditorio”, en base a realidade de que a maioría das asociacións veciñais, sindicais, políticas e culturais da cidade non podían facer fronte a tasas dunha empresa privada por enriba dos 1.000 € por media xornada. Un prezo público e realista significa que os centos de actos sociais da cidade que se realizan noutros espazos pasarían a realizarse neste espazo público, dinamizando o auditorio nun tempo en que os congresos profesionais ou grandes eventos artísticos sufren unha diminución importante en todo o Estado, neste último caso pola subida do IVE do sector cultural”.

 

También te puede interesar