Galicia

As Neves súmase á campaña ‘Presume de Praceira e Praceiro’ que repartirá más de 30.000 € en premios

O Concello de As Neves sumouse á campaña ‘Presume de Praceiro e Praceiro’, promovida pola Consellería de Economía e Industria ten por obxectivo poñer de relevo a figura profesional dos praceiros, ao tempo que se incentivan as compras e se promocionan e visibilizan os mercados e prazas de abastos como referentes na compra de produtos frescos e de calidade.

O pasado 12 de abril premiouse en cada unha das prazas galegas a tres clientes con bonos para comprar no propio mercado por 75, 50 e 25 €, entre todos os que votaron polo seu praceiro ou praceira favorita desde o inicio da campaña, e o vindeiro 3 de maio coñeceranse aos [email protected] gañ[email protected]

A campaña enmárcase na estratexia que desenvolve a Consellería de Economía e Industria para potenciar as prazas de abastos como pezas clave na estrutura comercial e na dinamización das vilas e cidades.

No caso de As Neves o Concello acometeu as obras de mellora e acondionamento de acceso ao Mercado Municipal a dinais de 2011, cunha remodelación completa do mesmo co “o obxecto de potenciar a área comercial”, como salientou o alcalde, Raúl Emilio Castro.

Ademáis de con esta campaña, quérese  recoñecer aos praceiros e praceiras, destacando a súa profesionalidade, consello e asesoramento, e premiando tanto a clientes como a comerciantes. Ao mesmo tempo, ponse de relevancia a importancia dos mercados e prazas de abastos como dinamizadores do comercio de proximidade e escaparates do produto galego para visitantes e turistas.

A iniciativa está tamén presente nas redes sociais, a través da páxina en facebook da Rede de Dinamización Comercial (REDIC), onde os clientes poden enviar fotos co seu praceiro ou praceira favorita semellantes ás do cartel da campaña. As seis que reciban máis me gusta gañarán tamén cheques de compra para mercar nos mercados e prazas de abastos de Galicia.

Na anterior edición da campaña, que se pon en marcha por terceiro ano, recolléronse 1.400.000 votos que supuñan outras tantas vendas producidas durante o mes e medio que durou a iniciativa. Máis de 560 clientes das prazas galegas foron premiados cun total de 28.200 € repartidos en bonos ou cupóns para comprar novamente nos diferentes mercados de abastos, co que tanto praceiros como clientes resultaron premiados.

 

También te puede interesar